Biblioteca

A biblioteca Otero Pedrayo do CGB está especializada en temas galegos: literatura, historia, xeografía, tradicións populares, música, guías de Galicia, bibliografía sobre o Camiño de Santiago, xeoloxía e economía, entre outro.

A biblioteca recibe diariamente prensa galega e prensa catalana, así como o Diario Oficial de Galicia e o Boletín do Parlamento de Galicia (en versión impresa). Tamén se reciben periodicamente algunhas revistas galegas e de asociacións.

Para consultas on-line do catálogo: diríxanse á seguinte páxina web

O catálogo está en construción. Se non atopa o seu libro envíe un e-mail ao seguinte enderezo: info@centrogalegobarcelona.com

Horario

Lectura de xornais

Libre acceso no horario de apertura do Centro Galego de Barcelona.

Empréstito e consulta

Sábado de 17 h. a 21 h.

Ademais, para consulta en grupo (estudantes, persoas que preparan o Camiño de Santiago…), póñanse en contacto coa secretaría do Centro Galego de Barcelona.

Usuarios

Socios e estudantes de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona

Consulta en sala e empréstito.

Outros usuarios

  • Estudantes universitarios.
  • Estudantes de ensino secundario que precisan información sobre Galicia.
  • Persoas interesadas en temas galegos.
  • Persoas que preparan o Camiño de Santiago.

Consulta en sala.

Prazo do empréstito

15 días. Pódese renovar por outros 15 días chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico ao Centro Galego indicando o nome do usuario e o título do libro.