CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO CENTRO GALEGO DE
BARCELONA
Barcelona, 9 de novembro de 2019.- Os socios do Centro Galego de Barcelona
celebraron esta tarde na sede da entidade o tradicional Magosto que, como todos os
anos por estas datas, organízase na mesma. Ademais de castañas, que constitúen o
centro desta festa tan arraigada na cultura galega, os asistentes puideron degustar
viño e outros produtos gastronómicos típicos de Galicia.
O Magosto forma parte das actividades organizadas polo Centro Galego para
promover a convivencia entre os socios á vez que preservar e realzar as tradicións
galegas. Actividades que se compaxinan coas destinadas a difundir a cultura e os
valores de Galicia e aqueloutras que teñen por obxectivo profundar no coñecemento
de Cataluña e contribuír á integración de ambas as culturas.