fbpx

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Camiñada no parque natural de Sant Llorenç de Munt i Serra de l´ Obac

19 enero @ 8:00 am - 6:00 pm

     Camiñada no parque natural de Sant Llorenç de Munt i Serra de l´ Obac.
     Sairemos da pequena vila de Mura, restaurada e moi digna de visitar, coas súas ruelas e calexas empedradas, o súa riera, etc. e dende aquí faremos unha volta circular, co principal obxectivo de ascender ao Pujol de la Mata, cume moi destacado e cun aspecto ben interesante, dende onde se teñen unhas das mellores vistas desta zona, de 770 metros de altitude, situado entre Mura e o coll d´ Estenalles.
      Asimesmo visitaremos a fermosa cova del Muronell, a Sesta Ferestega, lugar máxico arrodeado de rocas e aciñeiras, ideal para descansar, xantar, etc. ascenderemos ao Pujol del LLobet, e as paixaxes típicas deste parque de rochas únicas de conglomerado, cunha orografia quebrada e de pequenos outeiros.
     Distancia: 11,5 kms          Desnivel:  650 metros         Dificultade: media-baixa
 
    Lugar de encontro no tren que sae da estación de Sants, ás 8,39 horas, da estación de Praza de Catalunya, ás 8:44 horas, da estación de Sagrera, ás 8,52. Chegaremos a deTerrassa, ás 9,28 horas. Dende aquí colleremos o bus que nos levarà à cativa vila de Mura, lugar onde comezaremos a excursión.

      O regreso será dende a vila de Mura, ás 17,50 horas para volver a coller o tren na estación de Terrassa, e dende aquí voltar a Barcelona.

Detalles

Fecha:
19 enero
Hora:
8:00 am - 6:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies