Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Excursión a Val de Núria

septiembre 15 @ 6:00 am - 9:00 pm

32€

Para o domingo dia 15 de setembro faremos a derradeira excursión do anterior ciclo de camiñadas que non se puido facer no mes de xuño. Sera no val de Nuria e ascenderemos a alguns dos cumes máis sobranceiros del: o Noufonts (2.864 metros) e o Pic d´ Eina (2.790).

Comezaremos onde o Hotel de Nuria e faremos un roteiro circular. Primeiro ascenderemos o Noufonts, con dous treitos algo duros pola pendente, para dende alí poder enxergar unhas grandes vistas en todas as direccions. Dende este cume baixaremos a unha golada e ascenderemos o Eina, màis baixo e doado para ver outras vistas máis particulares.

Isto vos dara outra visión desta zona, e poderedes coñecer moitos cumes que non son visibles dende o val de Nuria. E unha excursion apta para os camiñantes que poidan facer un esforzo suplementario de caminar, xa que non ten dificultade técnca ningunha.

As paixaxes son marabillosas e e podense enxergar grandes espazos na distancia.

Distancia: 11,5 Kms Desnivel: 1.000 metros Dificultade: media-alta

Colleremos o tren que sae de L´ Hospitalet ás 6,53 horas, de Sants ás 7,01, de Praza Catalunya ás 7,06, de Sagrera ás 7,14, de Sant Andres Arenal ás 7,17 horas con direccion a Ribes de Freser, onde colleremos o tren cremalleira a Nuria. (mellor que compredes o billete combinado tren + cremalleira, que costa 32 € e é máis barato que comprar os billetes por separado).

Detalles

Fecha:
septiembre 15
Hora:
6:00 am - 9:00 pm
Precio:
32€
Categoría del Evento:
Evento etiquetas:
Página Web:
https://www.facebook.com/centrogalegobarcelona/photos/a.773569352740920/2295501710547669/?type=3&theater

Organizadores

Carlos
Xunta Directiva

Lugar

Vall de Núria
Girona, Girona España + Google Map

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies