fbpx

O CENTRO GALEGO DE BARCELONA ASINA UN ACORDO COA
AXENCIA DE VIAXES B THE TRAVEL BRAND POLO QUE OS
SOCIOS GOZARÁN DE DESCONTOS NOS SEUS PRODUTOS

Barcelona, 10 de setembro de 2019.- Dentro da política da súa directiva de ofrecer
servizos de interese, o Centro Galego de Barcelona ven de asinar un acordo coa
axencia de viaxes B the travel brand (Barceló Viajes) polo que os socios da entidade
gozarán de descontos nos seus produtos.
Concretamente, os membros do Centro obterán un 7% de desconto directo en
paquetes vacacionais de maioristas propios da axencia e determinadas navieras,
sempre que a reserva se realice con 60 días de antelación. En caso de reservar con
menos tempo, o desconto será dun 5%.
Así mesmo, faráselles un 7% de desconto nas Caixas de Experiencias Plan B!, que
conteñen propostas temáticas baseadas en escapadas e estancias de ocio, aventura,
gastronomía, enoloxía, benestar ou viaxes a distintos lugares.
O Centro Galego de Barcelona desenvolve unha estratexia de colaboración con
institucións e empresas co dobre obxectivo de potenciar a difusión da cultura galega e
de lograr servizos e vantaxes para os seus socios.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/centro-galego-barcelona-firma-acuerdo-agencia-viajes-b-the-travel-brand/20190911134700095084.html

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies