fbpx

O CENTRO GALEGO DE BARCELONA FAISE MÁIS VISIBLE GRAZAS Á RENOVACIÓN DOS SEUS RÓTULOS

Tras as obras de restauración da fachada do edificio no que se sitúa, a sede do Centro Galego de Barcelona acaba de dar un paso máis na súa modernización exterior e fíxose máis visible grazas á instalación de novos rótulos, tanto no portal de entrada coma no balcón.

Situado nas emblemáticas Ramblas da Cidade Condal, nun inmoble histórico catalogado como de Interese Urbano na relación de bens de interese do patrimonio arquitectónico de Barcelona, a fachada do Centro acusaba o paso do tempo, polo que, tras un período de resolución de trámites e realización dos preceptivos estudos técnicos previos, foi restaurada o mes pasado mediante intervencións en balaustradas, losas, cornixas e paramentos, ademais de actuacións de limpeza e pintura e reparación de danos.

Os citados traballos foron agora completados coa colocación dos novos rótulos, unha decisión da Xunta Directiva presidida por Carlos Mandianes coa que se dora de maior visibilidade á sede da entidade, facilitando a súa localización e outorgándolle unha imaxe máis acorde co nivel institucional e histórico do Centro, á vez que máis adaptada aos tempos actuais.

O Centro Galego de Barcelona sitúase na coñecida como Casa Joan Güell, edificio señorial de 1865, obra de Pere Casany, no que residiu o citado industrial, así como o seu fillo, Eusebi Güell, mecenas de Gaudí, mentres se realizaban as obras da súa nova residencia, o próximo Palau Güell, deseñado polo autor da Sagrada Familia.

🔗 http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/sede-centro-galego-barcelona-hace-mas-visible-gracias-instalacion-nuevos-rotulos/20200620133514099865.html

#lesrambles #lasramblas #ramblas #centrogalegobarcelona #galegosbarcelona #galegobarcelona #aculturasegue #laculturasigue #cultura #reformas #fachada #culturasegura #turimoseguro #associacionsegura
#turismogalicia #xuntagalicia #galiciaaberta #galiciamola
#larambla #rambla #barcelona

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies