O CENTRO GALEGO DE BARCELONA RENÓVASE E LOCE NOVA CARA
A fachada do histórico edificio no que se sitúa a entidade foi restaurada
Despois de varias semanas de traballos, o edificio do Centro Galego de Barcelona, na emblemática Rambla da capital catalá, renovouse e loce unha nova cara.
Obtida a preceptiva licenza, a fachada do inmoble foi restaurada mediante unha intervención que incluíu a reparación dos aplacados e balaustradas dos balcóns, laxas, cornixas e paramentos sobre as mesmas, así como actuacións puntuais de limpeza e pintura, ademais dalgunhas reparacións de danos ocasionados polo paso do tempo na mesma.
O Centro sitúase na coñecida como Casa Joan Güell, edificio señorial de 1865, obra de Pere Casany, no que residiu o citado industrial, así como o seu fillo, Eusebi Güell, mecenas de Gaudí, mentres se realizaban as obras da súa nova residencia, o próximo Palau Güell, deseñado polo autor da Sagrada Familia.
O inmoble está catalogado como de Interese Urbano na relación de bens de interese do patrimonio arquitectónico de Barcelona. Debido ao seu valor histórico, a restauración foi efectuada con todas as precaucións pertinentes, así como precedida por estudos previos a cargo dun arquitecto.
Por outra banda, as obras realizáronse seguindo estritamente os protocolos e medidas de prevención e seguridade relacionadas co coronavirus.
#centrogalegobarcelona #galegosbarcelona #galegobarcelona
#aculturasegue #laculturasigue #cultura #reformas
#fachada #culturasegura #turimoseguro #associacionsegura
#turismogalicia #xuntagalicia #galiciaaberta #galiciamola
#larambla #rambla #barcelona #bcn #gaudi
#guell #eusebiguell #joanguell