O CENTRO GALEGO DE BARCELONA ÚNESE UN ANO MÁIS Á
FESTA DEL ROSER ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN AMICS DE
LA RAMBLA

Barcelona, 5 de outubro de 2019.- O balcón do Centro Galego de Barcelona, na
emblemática Rambla da cidade condal, lucirá a partir de hoxe e durante unha semana
decorado con flores para unirse, un ano máis, á Festa del Roser organizada pola
Asociación Amics de la Rambla. O obxectivo desta festa, que a dita asociación
programa ininterrompidamente desde 1962 coa colaboración de establecementos e
entidades, é promocionar o famoso paseo entre barceloneses e visitantes, enchéndoo
de actividades lúdicas, populares e culturais.
A participación do Centro Galego de Barcelona enmárcase na actividade principal da
festa, “La Rambla en flor”, na que as fachadas dos edificios, comercios, oficinas e
vivendas particulares, así como espazos públicos da propia rúa, ornaméntanse con
montaxes florais. A iniciativa conta coa colaboración da Escola de Arte Floral e
Paisaxismo de Barcelona, o Gremio de Floristas de Cataluña e outras entidades,
ademais dos veciños e establecementos participantes.
A Festa del Roser inclúe, ademais, exposicións, entradas gratuitas a museos, teatro,
visitas culturais, charlas, percorridos guiados por comercios emblemáticos e
actividades artísticas, entre outras. No marco da festa, Amics de la Rambla entrega
cada ano o galardón de Ramblista de Honra, co que distingue a persoas, entidades,
institucións ou empresas que teñan contribuído a promover o prestixio de Barcelona e
da Rambla.
A implicación do Centro Galego nesta festa responde ao objectivo da súa xunta
directiva de abrir a entidade á cidade e involucrarse nas actividades populares e
culturais de Barcelona.

O Centro Galego de Barcelona únese un ano máis á festa del Roser organizada pola Asociación Amics de la Rambla

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies