O GRUPO DE GAITAS DO CENTRO GALEGO DE BARCELONA LEVA
A MÚSICA DE GALICIA A MALLORCA

  • A formación da entidade actuou onte no Concerto de cornamusas organizado
    en Llucmajor por Xeremiers de Sa Marina no marco das Feiras da localidade.

Barcelona, 6 de outubro de 2019.- O grupo de gaitas do Centro Galego de Barcelona
levou onte a música tradicional de Galicia a Mallorca, concretamente á localidade de
Llucmajor. A formación gaiteira da entidade actuou no Concerto de Cornamusas
organizado nesa cidade mallorquina polo grupo Xeremiers de Sa Marina no marco das
Feiras de Llucmajor.
Respondendo á invitación do citado grupo mallorquino, a participación do grupo de
gaitas do Centro Galego enmarcouse na axenda de actuacións que a formación, ao
igual que o coro e o grupo de baile, desenvolven ao longo do ano fóra da entidade en
distintas citas e lugares como forma de promocionar a música galega.
O concertó contou tamén coa participación do grupo Andecha pol Raigañu, do Centro
Asturiano de Barcelona, o búlgaro Boyan Mitkov e maila propia agrupación
organizadora. Xeremiers de Sa Marina é un grupo e escola de xeremíes –instrumento
da familia das cornamusas típico de Baleares- e outros instrumentos tradicionais.
As Feiras de Llucmajor celébranse cada ano desde finais de setembro e ata medidados
de outubro e constitúen un importante encontro cultural que inclúe concertos,
mercados, obradoiros, exposicións e outras actividades lúdicas e populares.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/grupo-gaitas-centro-galego-barcelona-llevo-musica-tradicional-galicia-mallorca/20191007100621095763.html

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies