fbpx

O PREMIO NACIONAL DE LITERATURA GONZALO HERMO
IMPARTIRÁ CLASES DE CULTURA GALEGA NO CENTRO GALEGO
DE BARCELONA

  • O poeta e filólogo ofrecerá tamén un obradoiro de poesía, dando
    cumprimento ao compromiso que o presidente da entidade, Carlos
    Mandianes, adquiriu ante a petición dun bo número de socios.

Barcelona, 14 de setembro de 2019.- O poeta Gonzalo Hermo, Premio Nacional de
Literatura na modalidade de Poesía Moza “Miguel Hernández”, impartirá clases de
Cultura Galega no Centro Galego de Barcelona, que amplía así para este curso 2019-
2020 a súa oferta de cursos e obradoiros.
Deste xeito, o curso de Lingua Galega que se impartía tradicionalmente no Centro
completa este ano os seus contidos con outras materias culturais como a literatura ou
a Historia. As clases de Hermo, que darán comezo proximamente, conta xa con 80
inscritos.
Galego residente en Barcelona, Gonzalo Hermo é licenciado en Filoloxía Galega e
doutor en Lingüística Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. É autor das
obras poéticas “A vida salvaxe”, “Celebración” e “Crac”, as dúas primeiras traducidas
ao catalán e a segunda tamén ao castelán.
Ademais do Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Moza,
“Celebración” valeulle o premio da Asociación Española de Críticos Literarios. Foi
galardoado tamén co Premio de Poesía Afundación, en 2018, po “A vida salvaxe” e co
en Premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia, por “Crac”. Así mesmo, obtivo o
Premio Fin de Carreira da Xunta ao mellor expediente académico pola súa licenciatura
en Filoloxía Galega.

POESÍA, MÚSICA E BAILE
O poeta e filólogo ofrecerá tamén un obradoiro de poesía, dando cumprimento ao
compromiso que o presidente da entidade, Carlos Mandianes, adquiriu ante a petición
dun bo número de socios.

A oferta formativa cultural do Centro Galego de Barcelona para o curso que comeza
complétase coas tradicionais clases de gaita, baile galego, canto coral, acordeón e
pandeireta.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/gonzalo-hermo-premio-nacional-literatura-impartira-clases-cultura-gallega-centro-galego-barcelona/20190914140515095181.html

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies