O PROGRAMA “SALVADOS” ELIXE O CENTRO GALEGO DE
BARCELONA PARA LANZAR A SÚA NOVA TEMPORADA

  • Producciones del Barrio gravo una sede da entidade o anuncio de promoción
    do renovado espazo de La Sexta, que se estreará o domingo co xornalista
    galego Gonzo como presentador.

Barcelona, 3 de outubro de 2019.- O popular programa televisivo “Salvados” elixiu o
Centro Galego de Barcelona para lanzar, a través dun spot que se emite estes días, a
súa nova temporada.A produtora Producciones del Barrio gravou na sede da entidade o anuncio de
promoción da próxima etapa do renovado espazo de La Sexta, que se estreará o
vindeiro domingo co xornalista galego Gonzo como presentador.
Para a gravación, recreouse no salón principal do Centro Galego unha sala de estar na
que, tras aparecer o rótulo “Galicia, 1983”, se desenvolve unha escena entre un Gonzo
neno e a súa tía. Despois dun breve diálogo, a tía recrimina ao pequeno Gonzo que ve
demasiada televisión, o que dá paso ao lema “Se veía venir”. Para outra parte da
promoción rodouse na biblioteca do Centro, de xeito que nos anuncios aparecen as
zonas máis nobles da entidade.
O Centro Galego de Barcelona puxo a disposición da produtora as instalacións da
entidade dentro do seu obxectivo de dar acollida a actividades culturais, sociais e de
actualidade que teñan relación con Galicia e Cataluña ou promocionen o talento
galego.

O programa “Salvados” grava a súa promoción no Centro Galego de Barcelona

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies