fbpx

O RESTAURANTE DO CENTRO GALEGO, REFERENTE DA COCIÑA
GALEGA ACTUAL EN BARCELONA

– Dous anos despois da súa apertura, o Louro enche o seu comedor case a
diario e recibe as mellores puntuacións e opinión nas webs gastronómicas e
en medios de comunicación.
–  A directiva do Centro decidiu en 2017 volver contar con restaurante nas súas
instalacións, anos despois do peche do existente anteriormente, como forma
de promocionar Galicia a través da gastronomía.

Barcelona, 31 de agosto de 2019.- A utilización das mellores materias primas, traídas
desde Galicia e a combinación das receitas tradicionais coa innovación teñen
convertido ao restaurante do Centro Galego, o Louro, nun referente da cociña galega
actual en Barcelona malia a súa aínda curta traxectoria.
A elaboración de pratos baseados na tradición culinaria galega pero con toques
vangardistas e de fusión con outras culturas gastronómicas fai que, dous anos despois
da súa apertura, o Louro enche o seu comedor case a diario, especialmente polas
noites, e reciba as mellores puntuacións e opinión nas webs gastronómicas e en
medios de comunicación.
Os propietarios do grupo de restaurantes que contaba xa na cidade condal co Arume, o
Cera23 e o Viana, todos eles de gran prestixio, fixéronse coa concesión do
establecemento do Centro Galego, que remodelaron facendo del un local acolledor,
elegante e moderno, salpicado de elementos tradicionais na súa decoración.
A directiva do Centro Galego decidiu en 2017 volver contar con restaurante nas súas
instalacións, anos despois do peche do existente anteriormente, como forma de
promocionar Galicia a través da gastronomía. Unha aposta que rapidamente
descubriuse como un éxito e que complementa á perfección a actividade do Punto de
Información Turística de Galicia situado tamén no Centro.

O restaurante do Centro Galego, referente da cociña galega actual en Barcelona

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies