OS SOCIOS DO CENTRO GALEGO DE BARCELONA VISITARON
UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ÓPERA EN CAIXAFORUM

Barcelona, 24 de outubro de 2019.- O Centro Galego de Barcelona renovou as súas
actividades culturais e de participación na vida da cidade cunha visita a unha
exposición sobre ópera nas salas de Caixaforum. Guiados por Alfonso Villar, os socios
puideron gozar onte en “Ópera. Paixón, poder e política” dunha viaxe a través de oito
premières celebradas nos principais teatros de Europa que permite coñecer e
entender o contexto histórico de cada ópera e a súa relación coa cidade.
Ademais de imaxes, carteis, partituras, vestiarios, gravados e detalles das
escenografías, a exposición complétase cun sistema de son que permite, mediante a
música, unha total inmersión en cada unha das oito óperas que se estrearon en
Venecia, Londres, Viena, Milán, París, Dresde, Barcelona e Leningrado e no contexto
que as rodeaba.
A mostra ofrece un relato peculiar sobre a vida urbana da Europa do últimos catro
séculos e sobre como a ópera foi sempre reflexo de momentos e cambios históricos. A
exposición, que os socios do Centro Galego cualificaron de moi interesante, é froito da
colaboración entre The Victoria and Albert Museum e a Royal Opera House de
Londres, e en Barcelona incorpora un novo ámbito dedicado á cidade condal
conxuntamente co Gran Teatre do Liceu.

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/socios-centro-gallego-barcelona-visitaron-exposicion-opera-caixaforum/20191024134904096181.html

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies