PRESENTADO AOS SOCIOS DO CENTRO GALEGO DE BARCELONA
O ACORDO COA AXENCIA DE VIAXES B THE TRAVEL BRAND
POLO QUE GOZARÁN DE DESCONTOS
Barcelona, 13 de noveembro de 2019.- O Centro Galego de Barcelona celebrou hoxe
un acto na súa sede para presentar aos socios o acordo que a entidade subscribiu coa
axencia de viajes B the travel brand (Barceló Viajes) polo que gozarán de descontos nos
seus produtos. Un acordo que se inscribe na política da directiva de ofrecer servizos de
interese.
En concreto, os socios do Centro poderán beneficiarse dun 7% de desconto directo en
paquetes vacacionais de maioristas propios da axencia e determinadas navieras,
sempre que a reserva se realice con 60 días de antelación. En caso de reservar con
menos tempo, o desconto será dun 5%.
Así mesmo, faráselles un 7% de desconto nas Caixas de Experiencias Plan B!, que
conteñen propostas temáticas baseadas en escapadas e estancias de ocio, aventura,
gastronomía, enoloxía, benestar ou viaxes a distintos lugares.
O Centro Galego de Barcelona desenvolve unha estratexia de colaboración con
institucións e empresas co dobre obxectivo de potenciar a difusión da cultura galega e
de lograr servizos e vantaxes para os seus socios.