UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE MARÍA CASTAÑA DEU ORIXE A PILLABÁN, PILLABÁN, A NOVELA DE AMADOR CASTRO MOUR PRESENTADA HOXE NO CENTRO GALEGO DE BARCELONA

Pese ao estendido uso da expresión “en tempos de María Castaña”, a figura desta veciña medieval da Pobra de Brollón (Lugo) é pouco coñecida. Con todo, grazas a algunhas investigacións, sábese que María Castaña encabezou en 1386 unha revolta contra a Igrexa polos abusos na cobranza de tributos do bispo de Lugo. Unha destas investigacións, a realizada polo arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, foi en gran parte a orixe da novela Pillabán, pillabán, que foi hoxe presentada polo seu autor, Amador Castro Moure, no Centro Galego de Barcelona.
Segundo Castro Moure, foron os veciños da parroquia brollonesa de Cereixa, con todo,
quen lle motivou realmente a crear o libro. Un libro que, a pesar de recoller parte da
investigación de Ayán, constitúe un relato “de ficción”, no que María Castaña “ten
unha presenza constante, pero ausente”, insistiu o seu autor na presentación.
Nesa ficción, Pillabán, pillabán parte dunha reunión dos fillos de María Castaña,
corenta anos despois de que á familia fosen arrebatados os seus bens, para penetrarse
nunha Galicia convulsa, entre o fin da Idade Media e o inicio da Idade Moderna, na que
os nobres abusan do seu poder e son considerados polo pobo, farto e canso,
auténticos malfeitores ocultos nos seus castelos.
Nacido no lugar de Nandulfe (Chantada, Lugo), Castro Moure vive desde moi novo en
Barcelona e é autor doutras dúas novelas, a última das cales, Shanghai a Barcelona,
centrada na emigración galega á capital catalá, valeulle este ano o Premio Xerais de
Novela. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, publicou poemas en varias obras
colectivas e tivo tamén unha incursión no mundo da música como fundador do grupo
100.000 Profilácticos e como guitarrista en Alicia golpea.

DISPOÑIBLE NA LIBRERÍA ALIBRI
Con esta novela, Amador Castro Moure súmase á relación de autores galegos cuxas
obras estarán dispoñibles na librería Alibri de Barcelona, grazas á colaboración
establecida polo Centro Galego con este establecemento. En virtude do devandito
acordo de colaboración, Alibri poñerá á venda os libros presentados na entidade, o
que constitúe un paso máis na promoción e difusión da literatura galega.

Unha investigación sobra María Castaña deu orixe a Pillabán, Pillabán, a novela de Amador Castro Moure presentada hoxe no Centro Galego de Barcelona

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies